Cultivando habilidades, parte 1.
Nas sesións de marzo o alumnado traballou os conceptos de: respecto, comunicación, coidado e responsabilidade. Por parellas o alumnado clasificou mensaxes ou situacións que se poden dar nas relacións sexuais nos catro conceptos anteriormente mencionados. Tras iso, fíxose unha posta en común entre todos,e os rapaces e rapazas viron como os catro conceptos están relacionados e son os catro igual de importantes nas relacións afectivas.