Entradas

Actividade What do you know about the LGBTI movement, gender and English?

Imagen
 Actividade feita o 14 de marzo na clase de Inglés coa profesora Ana Arias Castro. Competencias clave traballadas: ·          Competencia social e cívica ·          conciencia e expresións culturais ·          Competencia lingüística na primeira lingua estranxeira Obxectivos xerais (DOG 120 do 29 de xuño de 2015): “a)Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática. c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das per...

Ficha Aconcepción, concepción e ITS

Imagen
 O alumnado de 3º ESO no mes de xuño traballou na materia de Bioloxía,impartida por Maria José Enriquez, o sistema reproductor e os problemas que poden xurdir nas prácticas sexuais como é a transmisión de enfermidades sexuais. A continuación imaxes dos traballos que fixeron en parellas das diferentes enfermidades.

Je t'aime

Imagen
 No mes de maio a profesora da materia de  francés, Marta Rodríguez, traballou en dúas sesións con 3ºESO a sexualidade vencellada a formas de expresar o amor.  Para iso, o alumnado fixo unha análise de dunha canción; Frech Kiss, de Black M.E. Tras iso, fixeron un cartel co debuxo dunha margarida na que o alumnado escribiu en cada pétalo distintas maneiras de expresar o amor.

A relación dos sexos a través da tecnoloxía

Imagen
 Os rapaces e rapazas  de 3º ESO, na hora de titoría,  no mes de maio, abordaron a relación de sexo, redes e tecnoloxías mediante varias actividades;  a primeira delas foi a búsqueda do que significan algúns termos como é: sexting, sextorsión, grooming, etc; e noticias recientes que tratasen ditos delitos.

A química do amor

Imagen
 A profesora Celia López,  de   Física e Química,  traballou en varias sesións a química que xorde co amor. Os rapaces e rapazas traballaron por parellas na elaboración dunha presentación sobre os procesos químicos que se producen cando nos namoramos. Para iso, o alumnado tiña na aula virtual os materiais audivisuais e enlaces a páxinas de interese para a temática.

Cultivando habilidades II

Imagen
 O venres 21 de abril na sesión de titoría coa axuda da titora Carmén Pérez, seguimos coa ficha "cultivando habilidades". Pero esta vez, empregamos a técnica de pensamento creativo os 6 sombreiros de Bono para traballar as distintas perspectivas a adoitar ante unha determinada situación; neste caso sobre a presión de grupo de iguais ante o consumo alcol, drogas ou sexo. Para iso, os rapaces saían diante dos demais a escenificar as emocións e condutas que se farían dende cada sombreiro.  A continuación unha foto que exemplifica unha escenificación dende un sombreiro, neste caso, co  sombreiro negro, que como o seu propio nome indica este sombreiro é o encargado de ver os problemas e inconvintes da situación que se está a vivir.