Actividade What do you know about the LGBTI movement, gender and English?

 Actividade feita o 14 de marzo na clase de Inglés coa profesora Ana Arias Castro.





Competencias clave traballadas:

·         Competencia social e cívica

·         conciencia e expresións culturais

·         Competencia lingüística na primeira lingua estranxeira

Obxectivos xerais (DOG 120 do 29 de xuño de 2015):

“a)Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de violencia contra a muller.

d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos.

g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.” (pax. 25.446)

i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada” (pax. 25.447)

l) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras culturas do mundo.” (pax. 25.447)

 

Desenvolvemento das actividades:

Con motivo da xornada do 8 de marzo, realizouse unha actividade de Kahoot, na cal as preguntas e respostas eran meros pretextos para poder falar sobre o tema da identidade de xénero, o xénero e a lingua, etc.

O xénero e a lingua:

·         En inglés normalmente non hai correspondencia sexo=xénero, a diferenza do español e galego.

·         Hai veces nas que a palabra xenérica referida a unha especie é a masculina (dog) e outras nas que é a feminina (duck).

·         Falouse das diferentes solucións lingüísticas para evitar o sexismo na lingua segundo o idioma do que se trate:

o   En galego e español téndese a unha duplicidade (alumnos e alumnas) ou a un xenérico (alumnado).

o   En inglés hai unha tendencia a usar termos que non diferencien xénero: police officer fronte a policeman/policewoman e a eliminar aquelas nas que se fai referencia a unha muller (actress).

o   En inglés tamén hai unha tendencia a usar o xenérico singular they (their, theirs, them...).

·         En canto ás persoas hai unha tendencia actualmente a utilizar palabras neutras en canto ao xénero e remprazar as que marcan o xénero para evitar mencionar o xénero de persoas cando non é relevante.

·         Coméntase tamén a tendencia a utilizar o pronome plural (they) que non marca o xénero fronte ao singular masculino ou feminino (he/she) cos que o falante ten que facer unha aposta á hora de comunicarse para referirse a alguén.

·         Revísanse aquelas palabras de uso máis frecuente e que poden ocasionar confusión pois o alumnado galego tende a utilizar en plural masculino as palabras cando poden referirse a persoas de ambos xéneros: grandparents/grandfathers.

O movemento LGTBI:

·         Que é a identidade de xénero

·         Diferenzas entre homosexual, cisxénero, transxénero, gay, etc. e o vocabulario habitual en inglés

·         Termos frecuentes empregados en inglés de forma coloquial (pero non ofensiva): queer, straight, gay, get out of the closet, etc.

·         Fitos importantes do movemento LGTBI.

 

Material empregado:

https://create.kahoot.it/share/gender-and-equality/24148629-15c9-4cac-94b3-8ac6e9f02d5c


Comentarios