Cultivando habilidades II
O venres 21 de abril na sesión de titoría coa axuda da titora Carmén Pérez, seguimos coa ficha "cultivando habilidades". Pero esta vez, empregamos a técnica de pensamento creativo os 6 sombreiros de Bono para traballar as distintas perspectivas a adoitar ante unha determinada situación; neste caso sobre a presión de grupo de iguais ante o consumo alcol, drogas ou sexo. Para iso, os rapaces saían diante dos demais a escenificar as emocións e condutas que se farían dende cada sombreiro.
A continuación unha foto que exemplifica unha escenificación dende un sombreiro, neste caso, co sombreiro negro, que como o seu propio nome indica este sombreiro é o encargado de ver os problemas e inconvintes da situación que se está a vivir.

Comentarios
Publicar un comentario